Manifesto

As mulleres guionistas manifestamos que:

É a hora de romper o teito de cristal e asomarnos ao mundo. Queremos liderar
equipos de traballo e compartir títulos de crédito cos nosos compañeiros en
termos de paridade.

Queremos crear unha ficción diferente, que non se limite a reproducir a
realidade que nos amosaron e que aceptamos como boa, a que perpetúa os
valores e as inxustizas contra as que loitamos hoxe. Cremos no poder da ficción
para transformar a sociedade e facela máis xusta, máis humana e máis libre
para todos.

Queremos cambiar a ficción. Non queremos facer ficción para mulleres,
queremos facela para todo o mundo. E en todos os xéneros. Porque sabemos
facer rir, e tamén facer chorar. Sabemos de amor e de guerra, de homes duros
e mulleres sabias, pero tamén de mulleres tolas e homes sensibles.

Queremos escribir programas presentados por mulleres que non sexan o
complemento de ninguén. E amosar outro mundo coas realidades que nunca
son prioridade nas axendas mundiais.

É necesaria outra mirada. Se non o facemos nosoutras, seguirano facendo só
eles.
Guionista tamén é A.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.  [ Aceptar ]